A EDUCACIÓN EMOCIONAL NO COLE, POR QUE?

Diante dos cambios producidos a nivel lexislativo e social nos últimos tempos, atopámonos coa necesidade imperiosa e urxente de aplicar as medidas correctoras oportunas  que posibiliten asumir esas novas demandas no eido educativo .
No que atinxe ao aspecto lexislativo, e nomeadamente ao recollido na Lei Orgánica de Educación (LOE),  compre salientar a necesidade dunha reforma dos plantexamentos pedagóxicos que se concretan, de xeito fundamental, na elaboración e implantación de novos documentos e/ou plans que posibiliten, por una banda, dar una resposta axeitada ás novas demandas da Administración educativa  e por outra, adaptar esa nova pedagoxía ás características e necesidades singulares do noso centro.
Tampouco podemos esquecer, mais ben diríamos, que debemos ter moi en conta as conclusións da UNESCO a respecto da nova educación, reflectidas de forma explícita no coñecido como “Informe Delors”, que baixo o título de “A educación encerra un tesouro” expón as directrices que deben seguir os novos plantexamentos pedagóxicos de cara a acadar uns obxectivos moito mais ambiciosos que a simple procura de coñecementos. Dito informe recolle e explicita os que considera os catro piares básicos da educación:
1)      Aprender a coñecer: dominar os instrumentos do coñecemento, vivir dignamente e facer o meu propio aporte á sociedade. Fai especial fincapé nos métodos que se utilizan, pois non todos serven por igual, e os concreta no pracer por coñecer, comprender e descubrir.
2)      Aprender a facer: aprendemos para facer cousas e preparámonos para facer unha aportación á sociedade. En troques de conseguir unha calificación persoal (habilidades), cada vez faise mais necesario adquirir competencias persoais, como traballar en grupo, tomar decisións, relacionarse, crear sinerxias, etc.
3)      Aprender a convivir e a traballar en proxectos comúns:  Debemos aprender a descubrir aos outr@s; debemos ver que temos diferenzas cos demais, pero sobre todo temos interdependencias, dependemos @s uns d@s outr@s. E para descubrir ao outr@, debo coñecerme a min mesmo: cando saiba quen son eu, saberei plantexarme a empatía, entenderei que @ outr@ pense diferente de mín e que ten razóns tan xustas como as miñas para discrepar. O Informe Delors propón que se destaque a diversidade, como elemento necesario e creador. Ás veces temos a impresión de que  cando se fala de diversidade o que se pretende é acabar con ela, pero non se trata diso, non é acabar coa riqueza da diferenza, senón tratala axeitadamente para igualar a tod@s e así evitar conflitos.
4)      Aprender a ser: é o desenvolvemento total e máximo posíbel de cada persoa; é acadar ese concepto de educación integral do que tanto se ven falando desde finais do século XIX e comezos do XX e que aínda non fomos quen de chegar a conseguilo.
Falabamos tamén ao comezo dos cambios na nosa sociedade actual que veñen de provocar o que case podemos calificar de revolución educativa actual, tal e como xa o teñen definido numeros@s autor@s de recoñecido prestixio. Sería demasiado extenso citar todos e cada un dos factores que inflúen neste cambio pero, pensamos, que hai tres que dun xeito moi especial teñen una maior incidencia. Nomeadamente estámonos a referir ao aumento da idade de escolarización até os 16 anos, o fenómeno inmigratorio e a desaparición de moitas das “seguridades” nas que se baseaba a educación.
A escolarización da totalidade da poboación até os 16 anos é un feito que ven provocado por motivos éticos, todo o mundo ten dereito a disfrutar dunha educación suficiente, ou económicos, a propia sociedade demanda mais formación para maior número de persoas. En todo caso, a decisión de estender a escolaridade obrigatoria até os 16 anos é una medida de longo alcance que ten provocado algunhas dificultades que debemos aprender a enfrontar.
Ao mesmo tempo que se producía o feito anterior, outro, non menos importante, viña a sumarse a el e así asistimos a una chegada case masiva de alumnado inmigrante que disfruta os mesmos dereitos educativos pero cunha escolarización previa moi diferente e desigual, por non falarmos das diferenzas lingüísticas, relixiosas e culturais. A súa inclusión na escola é, sen dúbida, un éxito que ten acarrexado numerosas dificultades.
Por último, o terceiro factor esencial, que é iso que se da en chamar a desaparición das seguridades, que non é mais que a dificultade de atopar uns criterios claros que a escola sempre tivo. Vemos que existe un amplo debate sobre os valores que debe defender a escola pero poucas “seguridades” compartidas por unha  maioría, sobre cales deben ser eses valores e sobre como se deberían transmitir. Tampouco están claros os contidos que se deben priorizar nen a súa significación para o alumnado.
 Por outra banda, semella evidente que esta “revolución educativa” require unha acción pedagóxica concreta e firme para podermos avanzar no camiño correcto, polo que se nos plantexan algúns retos pedagóxicos e entre os que queremos salientar os seguintes
1. Apostar decididamente pola pedagoxía da inclusión e abandoar definitivamente a pedagoxía da selección. Compre mudar ese paradoxo da escola anterior que abandoaba en primeiro lugar aos mais necesitad@s, é dicir @s que  requerían maiores atencións eran @s primeir@s en quedar abandoad@s e fora do sistema. Agora estamos escomezando a darlle a todo o alumnado o que precisa, debemos apostar por buscar o éxito de tod@s. Pero isto implica unha nova pedagoxía, que sexa unha pedagoxía para todas e todos sen exclusións, pero  que dea a cada quen o que necesita e non o mesmo para todo o alumnado.
 2. Debemos esforzarnos pola construción dunha cidadanía activa, deixando a un lado aquelas seguridades arcaicas e obsoletas e a carencia de liberdade que emanaba do código único, pero sen caermos no individualismo para que cada quen se forme como desexe. Queremos e debemos apostar pola construción conxunta de formas de vida e maneiras de ser das persoas que nos leven a unha convivencia en pé de xustiza e igualdade e a unha vida feliz e harmoniosa entre nós e co noso entorno. 
 Tendo en conta todo o anterior, no curso 07/08 creamos o Observatorio de Convivencia Escolar e iniciamos, por tanto, a elaboración do Plan de Convivencia centrado fundamentalmente mais na prevención que na intervención, dado que no centro non existen problemas graves de convivencia que impliquen a necesidade de propór estratexias de intervención inmediata.
 No curso 08/09 escomezouse dende o Departamento de Orientación do Centro coa elaboración do Plan de Acción Titorial que ten como eixo fundamental a posta en práctica das propostas feitas dende o Plan de Convivencia, e entre as que podemos salientar as seguintes:
A formación dunha axeitada competencia emocional constitúe un dos piares básicos para a formación integral d@s nen@s da sociedade actual na que o fracaso escolar, a pouca motivación cara o estudo e a falta de interese ou de valor polo esforzo persoal e pola obtención de logros semellan ser características esenciais. Por isto, é necesario crear situacións novas, favorecer estímulos e traballar o desenvolvemento integral d@s nen@s, tendo en conta tanto o campo intelectual como emocional.
O período de 6-12 anos constitúe un momento crucial para o desenvolvemento da personalidade, e os aspectos emocionais xogan un papel esencial na vida e constitúen a base para a formación da personalidade. Unha axeitada competencia emocional reduce considerablemente a aparición de conflitos, e contribúe a solucionar un conflito cando xurde dunha forma construtiva e non destrutiva vertebrador de todas as acción e propostas educativas do centro.
Por todo o anterior entendemos que é preciso reformular algún dos prantexamentos pedagóxicos do centro de cara é elaboración de medidas concretas de atención á diversidade e á integración de actitudes e valores no currículo, nomeadamente os referidos a educación emocional, educación en valores e resolución pacífica de conflitos.
 Se de verdade queremos unha escola na que @s nos@s nenas e nenos aprendan a COÑECER e a SABER, pero onde tamén aprendan a SER el@s mesm@s e a CONVIVIR cos demáis, é imprescindíbel analizar a situación actual e avaliar os aspectos citados e a súa incidencia no proceso de ensino – aprendizaxe. 
Extraído do “Plan de Autoavaliación e mellora da calidade educativa no noso centro”-C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA- A POBRA DO CARAMIÑAL- VICENTE VÁZQUEZ ARIAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: