A ORIENTACIÓN NO NOSO COLE. RECURSOS E DEFINICIÓN

 Nesta presentación amósanse algúns dos materiais que usamos en Orientación, nas aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, así como materiais específicos para o traballo da Educación Emocional e en Valores.

This slideshow requires JavaScript.

COMO ENTENDEMOS A ORIENTACIÓN NO NOSO COLE?

23488__10_b_1De acordo cos plantexamentos de  Rafael  Bisquerra, a Orientación é un concepto amplo que implica a moitos profesionais con diversas funcións específicas. Trátase dun traballo en equipo que producirá unha sinerxia que vai máis aló do labor individual que cada un dos profesionais poida realizar por sí mesmo, dentro dun modelo de consulta colaborativa.
A Orientación psicopedagóxica¹ entendémola como un proceso de axuda e acompañamento continuo a todas as persoas, en todos os seus aspectos, co obxecto de potenciar a PREVENCIÓN  e o DESENVOLVEMENTO HUMANO ao longo de toda a vida. Esta axuda realízase mediante a intervención profesionalizada baseada en principios científicos e filosóficos.
Este é o termo que se axusta á realidade profesional e ao contexto social actual. As materias curriculares ordinarias teñen  como obxectivo dar a coñecer ao alumnado o mundo que o rodea, son como unha fiestra aberta ao mundo, pero é ademais necesario un espello no que poidan verse e coñecerse a sí mesmos.
As materias son as “fiestras” e a Orientación é como un “espello” que complementará o anterior de cara ao desenvolvemento da personalidade d@ nen@.
Por iso, o noso modelo de diagnose-intervención é o MODELO ESTRATÉXICO-HUMANISTA², fundamentado dende o ámbito cognitivo na Teoría PASS e dende o punto de vista emocional na Teoría dos Comportamentos Enmascaradores. As prácticas no ámbito da Orientación enmarcadas dentro deste modelo non só afectan a este ámbito senón que implican cambios a nivel de centro e de conceptualización da intelixencia, entendida non só dende un punto de vista cognitivo senón tamén dende o punto de vista emocional.
 Sen lugar a dúbidas a atención á diversidade constitúe o mellor indicador da posta en marcha de  principios de calidade e equidade na educación, e un eixo fundamental dentro da orientación Psicopedagóxica. Deste xeito na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Maio, de educación, así se contempla e se inclúen como  principios básicos  proporcionar a calidade da educación a todo o alumnado independentemente das súas condicións e circunstancias, e a equidade que garanta a igualdade de oportunidades.
Así a LOE no seu preámbulo dí: “A axeitada resposta educativa a tod@s @s alumn@s concíbese a partir do principio de inclusión, entendendo que unicamente deste xeito se garante o desenvolvemento de tod@s, favorécese a equidade e se contribúe a unha maior cohesión social. A atención á diversidade é  unha necesidade que abrangue a todas as etapas educativas e a tod@s @s alumn@s. É dicir, trátase de contemplar a diversidade do alumnado como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos”.
É necesario comprender que todas as persoas son diversas e que só na medida en que a intervención educativa se adecúe ás peculiaridades individuais de cada unha delas, o seu proceso educativo resultará satisfactorio. É obxectivo da educación conseguir que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades individuais e sociais; intelectuais, culturais e emocionais para o que necesitan recibir unha educación adaptada ás súas necesidades. É preciso garantir unha igualdade efectiva de oportunidades, ofrecendo os recursos necesarios, tanto ao alumnado que o requira como aos centros nos que se escolariza. En definitiva, o obxectivo é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, conciliando a calidade da educación coa equidade.
Concíbese a atención á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses, situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
Este conxunto de medidas e accións implicarán a toda a comunidade educativa, converténdose nun dos eixos vertebradores da práctica docente, o que implica realizar propostas curriculares e/ou organizativas que contemplen a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos.
Os centros educativos deberán dar resposta adaptada, potenciadora e compensadora das diferenzas individuais de todo o alumnado no marco normalizado do propio centro e da comunidade educativa a partir do principio básico de respecto ás diferenzas e a súa consideración como un elemento enriquecedor para a sociedade. A atención integral ao alumnado iniciarase dende o mesmo momento en que sexan detectadas as necesidades e rexerase polos principios de normalización e inclusión
Deste xeito, se de verdade queremos unha ensinanza de calidade é necesario o cumprimento dun dos seus principios básicos, definido en accións concretas que se reflectirán nun PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, artellándose así as medidas necesarias e suficientes para dar a resposta axeitada ás  necesidades específicas de apoio educativo que existen no noso centro educativo, así como ás diferenzas individuais que xeran dificultades de aprendizaxe de carácter xeral.

¹Rafael Bisquerra:  “Marco Conceptual de la Orientación Psicopedagógica”. Revista Mexicana de Orientación Educativa. Número 6, Xullo-Outubro 2005.
²Carme Timoneda e Frederic Pérez (1993)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s